Sunday 05 de May de 2024

O Concello de Boqueixón aproba un gasto extraordinario de 1,9 millóns de euros


O Pleno de Boqueixón vén de aprobar unha modificación de crédito para acometer proxectos por un montante de 1,875 millóns de euros. A primeira destas actuacións será a numeración dixital municipal global de Boqueixón, proxecto cunha inversión de 72.519,65  euros financiado polo GDR Terras de Compostela e fondos propios do concello. Con esta actuación farase a numeración dixital de todas as vivendas e parcelas, actualizando as dirección catastrais e o volcado de datos a Google Maps.

 

A segunda actuación supón a substitución de todas as luminarias a tecnoloxía LED, proxecto que xa está en fase de contratación. A inversión ascende a 1,7 millóns de euros, dos cales o Concello aporta algo máis de 250.000 euros e o restante o programa DUS 5000. O cambio luminarias estará rematado no primeiro trimestre de 2024.

 

Por ultimo tamén se aprobou un gasto de algo máis de 100.000 euros para a adquisición dunha desbrozadora para mantemento de cunetas e para mellora de pistas municipais.